domingo, 30 de enero de 2011

O día da paz

Nesta celebración todos os niveis educativos traballaron na decoración de dúas caixas que fixeran alusión á paz.Os nenos e nenas de Sexto de Primaria traballamos duro.Nunha das caixas fixemos unha pomba xigante.As plumas da pomba fixémolas coas caras de todos os nenos e nenas e dos profesores do colexio.Na outra caixa escribimos paz en moitísimos idiomas.Estamos moi contentos porque unha das nosas caixas, a da pomba, foi seleccionada para facer un enorme muro xunto con outros colexios.
Este foi o resultado do noso traballo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Hoxe foi un día espectacular!!

Hoxe celebramos no noso cole o día dos Dereitos Humanos,despois do recreo reunímonos todos todos no patio.
Abriron a actividade os de 1ºe 2º bailando El waka waka, despois léronse algúns artigos dos Dereitos Humanos ,seguiron os nenos e nenas dende 3º - 6º bailando unha nova coreografía do waka waka, non quedou ninguén sen bailar.
Aquí van algúns dos nosos momentos neste día.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Xa chegou o Nadal!!


Como anos anteriores comezamos a facer o noso Belén, asesorados polo profe de reli sexto de primaria vai escollendo as figuras, baixando mesas para facer o Belén á entrada do colexio.
Como vai quedar?.
Iso verémolo a próxima semana.

Así quedou o Belén.

MOMENTOS DO FESTIVAL DO NADAL.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

¡¡Esto es Cuba!!

Este ano no noso colexio estase traballando nun proxecto de interculturalidade, no que cada nivel educativo traballa na cultura dun determinado país.Os nenos e nenas de sexto traballamos na cultura de Cuba,e non é que unha cultura sexa mellor ca outra, o certo é que nós estamos namorados da xente de Cuba , do seu sol, palmeras, praias, da súa historia....
No noso blog irémosche pondo ao día de todo o que fagamos ao respecto

Aquí vai un avance na nosa viaxe a Cuba.

sábado, 27 de noviembre de 2010

Xa estamos en acción


Aínda que un pouquiño tarde, temos que contar o que aconteceu no sono colexio nos últimos días de outubro, concreteamente o 31.

Nos colexios galegos, e como non no Prícipe Felipe, celébrase nestes días próximos a Defuntos o Samaín,unha vella tradición celta- cabazas incluíadas- na que se despedía o verán e dábase a benvida ao outono.Unha festa na que ,ademais abríase a porta entre o mundo dos vivos e dos mortos.
Que ben a pasámos!!!!!!!!!.Decoramos a nosa aula con teas de arañas, cabazas, disfrazámonos e fixémonos unhas maquillaxes chulísimas.
Os nenos e nenas de infantil foron a nosa aula e déronnos un susto tremendo!!.
Ese día a última hora limos contos feitos polos nosos compañeiros, rimos, cantamos, bailamos ......
Aprendimos moito sobre o Samaín, algún dos recursos que utilizamos na aula deixámoschos aquí:
-Láminas para colorear
-Páxinas sobre o Samaín recollidas no recanto Mik.
-Xogo para facer a túa propia caveira de cabaza.
http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf

Esta canción mola cantidad!!